Blog de xogospopulares

Xogos de aquí e de acolá

A Mariola.

Escrito por xogospopulares 01-03-2018 en Xogos de aquí e de acolá. Comentarios (0)

Mariola ou peletre é un xogo tradicional infantil, con moi diversas variantes, no que se debuxan unha serie de casas numeradas no chan por onde ten que saltar o xogador, ou os xogadores por orde, despois de guindar un anaco de pedra chamado peletre ou patefa que se arrastra mentres se salta á pata coxa.





O tres en raia.

Escrito por xogospopulares 01-03-2018 en Xogos de aquí e de acolá. Comentarios (0)

O tres en raia consiste en alinear os tres xogadores de forma vertical, diagonal ou horizontal.


As Chapas

Escrito por xogospopulares 05-02-2018 en Xogos de aquí e de acolá. Comentarios (0)

Cada xogador debe colocar a súa chapa na liña de saída, e por turnos irán impulsando cada quen  a súa co maior alcance posible sen saírse do percorrido. O primeiro xogador que alcance a meta será o gañador!


Buxainas

Escrito por xogospopulares 29-01-2018 en Xogos de aquí e de acolá. Comentarios (0)

A buxaina consiste nunha peza de madeira de forma cónica, rematada nunha punta de metal pola parte inferior, que se fai bailar por medio dun cordel.

Carozos de millo

Escrito por xogospopulares 15-01-2018 en Xogos de aquí e de acolá. Comentarios (0)

Grazas aos xogos de construción, os nenos aprenden a identificar o mundo ao seu redor, comezan a adquirir unha visión espacial e recoñecer o medio ambiente. Favorece a adquisición de conceptos como tamaño (grande e pequeno, alto e baixo, curto e longo) e para identificar diferentes formas xeométricas.